Noticias da modernidade: a muller moderna na prensa galega dos anos 20
In: Hoxeéhoxe 3
In: Hoxeéhoxe 3
In: Lusotopie: enjeux contemporains dans les espaces lusophones ; publication annuelle internationale de recherches politiques en science de l'homme, de la société et de l'environnement sur les lieux, pays et communautés d'histoire et de langue officielle ou nationale portugais et luso-créoles ; revue reconnue par le CRNS, Band 10, Heft 2, S. 193-208
ISSN: 1257-0273
[GA]Apresenza militar romana de época temperá (séculos II a.C. - I d.C.) na actual provincia de Ourense era ata hai pouco practicamente descoñecida. Os estudos sobre o exército romano nesta zona concentrábanse fundamentalmente no forte romano de Aquis Querquennis (Bande, Ourense), cuxa ocupación se data en torno ao último cuarto do século I d. C. e inicios do II d. C. (Rodríguez Colmenero & Ferrer Sierra 2006; Puente et al. 2018), nunha cronoloxía moi posterior á conquista romana do territorio galaico. Nos últimos anos, grazas ao incremento da dixitalización da arqueoloxía coa introdución de novas técnicas de teledetección, desde o noso colectivo de investigación, Romanarmy.eu, puidemos localizar un conxunto de novos sitios militares romanos de carácter temporal na provincia de Ourense (Figura 1) (Costa-García et al. 2017, 2019). Estes sitios caracterízanse por unha materialidade de escasa entidade e pola pouca expresión das súas estruturas sobre o terreo (Peralta Labrador 2002). Deste xeito, só foi posible identificalos a través do uso das técnicas de teledetección de recente desenvolvemento, coma o LiDAR aéreo (Costa-García & Fonte 2017), que permite recoñecer o terreo baixo as densas cubertas vexetais do Noroeste. De forma xenérica, estes recintos cobren un abanico temporal entre o século II a.C. e inicios do século I d.C., un período histórico para o cal apenas dispoñiamos de datos arqueolóxicos sobre a presenza militar romana
BASE